The Last Waltz

(Martin Scorsese, 1978)

Un documental que todo o amante do bó RNR debería ver. O derradeiro concerto de The Band grabado por un dos mellores cineastas da historia e un dos maiores amantes da música que hai no cine... Un concerto así, necesitaba a alguén desta calidade que o inmortalizara... Xa non só eran The Band, senón tamén: Bob Dylan, Van Morrison, Neil Young, Joni Mitchell, Neil Diamond, Eric Clapton, Paul Butterfield, Dr. John, Muddy Waters, Emmylou Harris, Ronnie Hawkins, Ringo Starr, Ron Wood... AHHH... Nalgúns momentos, caeche a lagrimilla da emoción.
Ó final, o autor de Taxi Driver non defrauda, e pódese dicir que case nos sentimos, xa non en primeiras filas, senón no puto escenario. Ademáis intercala fragmentos de entrevistas á banda nos que falan da filosofía que os tivo na estrada tantos anos. Vamos... Auténtico e xenuino Rock and Roll...
Un ímprescindible disco triple corrobora todo esto. Unha grandísima película... Quizais, a mellor de Scorsese...

No hay comentarios: