O Planeta dos Simios

(Planet of the Apes, Franklin J. Schaffner, 1968)
Unha das mellores películas de ciencia ficción da historia. Unha obra mestra que en mans de outro podería converterse no maior dos ridículos.
Pero non foi así... E en parte polo gran equipo de rodaxe que nela traballou. Para empezar, ese maquillaxe artesanal, que fixo que os actores o pasaran realmente mal (que llo pregunten a Edward G. Robinson, que tivo que desistir de interpretar ao Dr. Zaius), pero que dotou á peli dun realismo artesanal e acojonante. Tamén o vestuario foi un gran traballo. Os decorados feitos por verdadeiros artistas, así como as localizacións poden recibir o mesmo adxetivo: Excelentes.Pero o que realmente chama a atención da película (sobre todo unha vez finaliza, e quedas flipando con ese final...) é a buenísima trama montada a partir dun libro de Pierre Boulle... Todo llo debemos a Michael Wilson e a Rod Serling, este último, guionista e creador da buenísima serie sesentera"The Twilight Zone" ("A Dimensión Descoñecida"), que sorprendía por ter un 100% de capítulos moi bos. Evidentemente, Schaffner tivo moito que ver á hora de crear esa magnífica atmósfera que nos inquieta durante todo o film (cando chegan os astronautas e exploran o planeta...), pois é un director como a copa dun pino... Jerry Goldsmith ("Chinatown", "Alien", "A profecía", "Desafío Total"...) fai unha música perfecta para a película... Sesentera, extraterrestre e jazzística. Finalmente, Charlton Heston non merece ser reivindicado. O seu nome está ligado a moitos dos grandes títulos do 7º arte, e é tan bó actor como facha de mierda. Nesta peli está tan ben como se esperaba del. Te quiero, Charlton!Unha última cousa: Amo a Tim Burton, pero o innecesario remake que fixo desta obra mestra é unha puta verguenza!

No hay comentarios: