El Angel Azul
(Der Blaue Engel, Josef Von Sternberg, 1930)
Ah, Marlene, Marlene... Benditas as túas pernas... Esas poderosas pernas que nesta peli hipnotizan a Emil Jannings... Esas pernas polas que calquera se volvería un calzonazos, un meapilas e un ridículo ser insignificante como o Profesor, que nun principio é un tio autoritario e fascistoide, pero que tras tamaña visión se enamora locamente, e casa con ela, convertíndose nun pelele, nun palanas nas mans de esa muller fatal, desa diosa... Ahh... Esas pernas valoradas nun millón de dólares da época... Marlene Dietrich...
Von Sternberg, claramente afín o expresionismo ilumina esta peli dunha forma sorprendente para contarnos a historia desta fermosísima cabaretera, Lola Lola...
Sternberg, emulando ó profesor, namorouse como un tonto da explosiva actriz, e xa non levantou cabeza, a non ser baixo a sombra da mesma. Non puido resistir a esta mantis devoradora de homes... e de mulleres, xa que foi das primeiras en vivir a súa bisexualidade sen tapuxos e tirarse a todo aquel ou aquela que quería. O mesmo Hitler era un fanático de Marlene, e esta ideou un plan para convencelo de que deixara Polonia tranquila... deitándose con el para despois matalo... Eso sí é ser unha boa alemana...
O ser unha das primeiras pelis sonoras alemanas dalle un encanto irrepetible, pero sobre todo, o realmente importante é a primeira presencia no cine desa gran muller con voz ronca e unha clase e unha elegancia da que carece calquera estrella do Hollywood actual. (Kidman? Jolines? Zeta-Jones? Roberts?... Vulgares furcias comparadas con Marlene...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario