A Matanza de Texas

(The Texas Chainsaw Massacre, Tobe Hooper, 1974)

Hooper conseguiu rodar esta peli sen un puto duro e facendoo practicamente todo (Guión, producción, música...) e triunfou, vaia se trinfou... (con cen mil e pico gañou máis de 50 millóns)
E fíxose xustiza... Esta xenialidade merece estar no máis alto da historia do cine. O xénero de terror revolucionouse totalmente, e nunca volvería ser o mesmo (tamén é verdade que abriu camiño a verdadeiros bodrios que, ainda hoxe, repiten unha e outra vez a mesma historia). Pero ninguén pode negar que esta obra de arte se acabou convertindo nunha lenda.
A historia é sencilla: Un grupo de jipis de excursión por Texas son asesinados por unha familia de caníbales, entre os que se conta o carismático Leatherface, un sujeto de lo más entrañable que mata a golpe de motosierra... Definitivamente, non lle gustaban os jipis... Con semellante argumento, non é de estrañar que dous anos despois, os Ramones homenaxearían a esta santa película nunha das preciosas cancións do seu disco de debut, iniciando así o Punk.
Todo esto fotografiado cunhas texturas la hostia de bonitas e rodado cunha eficacia e intelixencia sorprendentes nunha peli tan barateira... La puta-hostia, colegas...
Terror suxerido (en realidade, pouca sangue se ve...), personaxes antolóxicas, grandes secuencias, ritmo acojonante, dirección intelixente, humor negro... unha bofetada nas cachas á sociedade bienpensante dos 70... Máis ainda, un tremendo hostión ó ser humano en xeral.
Do 1 ó 10, eu poríalle un 9,75.

No hay comentarios: