Hierro 3

빈집, Kim Ki-duk, 2004)
Un sixiloso chino adícase a entrar nas casa silenciosamente, non precisamente para roubar... E nunha das súas incursións enamórase. É verdade que certo cine oriental pode ser un coñazo polos seus ritmos lentos, pero ás veces conséguese unha poética incrible usando estos recursos. E esto é precisamente esta película... Un exercicio de poesía cinematográfica que suxire máis que contar, que fai sentir máis que pensar. E tampouco é que teña un ritmo lento, senón todo o contrario. O director oblíganos a recrearnos no que conta... Unha orixinal historia que vai do máis cotidiano ó máis inverosímil... Desgarradora, e ás veces absurda reflexión sobre o baleiro, a soidade e o silencio da man deste peculiar cineasta surcoreano (cine desafortunadamente descoñecido por min). Unha historia de amor triángular, violenta e fermosa nos seus contidos, e moi orixinal... Pódeche emocionar ou podes odiala con toda a túa alma... Pero polo menos, non quedas lobotomizao na puta butaca desperdiciando o teu valioso tempo vendo merdas que non veñen a nada...
De tódolos xeitos, se a vedes, comprenderedes por qué unha imaxe vale máis que mil palabras.

No hay comentarios: