Freaks

(Tod Browning, 1932)

A Película de culto por antonomásia, onde Todd "Dracula" Browning, antigo empregado nun circo, e mestre indiscutible do terror, conta a historia duns fenómenos reais, interpretados por verdadeiros fenómenos reais... O elenco é insuperable: Un negro sen brazos nen pernas, un esqueleto vivinte, unha muller barbuda, un tio sen pernas, unha "venus de milo", un-unha hermafrodita vertical, varios "pinheads", 2 siamesas, unha "muller paxaro"... Todos reais! Sen maquillaxe nin pollas!!!!
Imaxinadeos no estudio da Metro, codeándose coa flor e nata de Hollywood, e causando o terror aló por onde ían, baixo a protección do visionario Browning, e o acojone do capo da Metro, Louis B. Meyer, que tras o estreno, e despois que todos os críticos a puxeran a parir (non podía ser de outro xeito), decidiu retirala e non voltar oir falar de semellante enxendro.
A peli foi un desastre de taquilla, entre outras cousas porque foi prohibida en varios paises, e en USA, os poderosos puritanos de los cojones presionaron ata marxinala ó circuito underground ( onde por outro lado é o seu sitio) polo que supuxo o funeral de Browning como director de éxito (traballou nuns aniños máis para a Metro, e retirouse...)
Freaks é a súa película máis innovadora e audaz... A historia de amor (e sexo) entre un enano e unha fermosa trapecista. Ela vai polos cartos... Pero o enano ten amigos... Cuidado rubia...! GOOBLE, GOOBLE!!! é un dos nosos...!!!! GOOBLE, GOOBLE...!!!! Unha película desgarradora, orixinal, fermosa e fodidamente real. Browning reinventouse a sí mesmo...
...E non podo despedirme sen mencionar o xenial homenaxe dos Ramones a esta peli coa súa maravillosa "Pinhead", obra do infame Johnny Ramone, amante do bo cine e xenio da música.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Até mais.