Fargo

(Joel Coen, 1996)

Fargo, Dakota do Norte... Este é o nevado escenario para -na miña humilde opinión, supoño que haberá discrepancias- a mellor película dos irmáns Coen, que xa é dicir. Uns individuos coa súa (case perfecta) filmografía chegaron ó máis alto en canto a transmitir unha buenísima historia. Sempre co seu característico cachondeo de fondo, cóntase algo moi serio, baseado nun feito real, por certo. Non vou dar detalles... O que sí teño que dicir é que o guión e a dirección son para chorar da emoción, do suspense e do ben feito e contado que está todo. O mellor? uns personaxes absolutamente maravillosos... E todos xenialmente interpretados por xente que o fai dun xeito tan maxistral que os habería que momificar e idolatrar a todos... Frances McDormand, excelente policía rural preñada e tranquila, o seu home, un ser entrañable e igual de tranquilo, Steve Buscemi (coño! qué raro este tío nunha dos Coen) e Peter Stormare (presencia escénica donde las haya) facendo de malos, e sobre todo, o xenial, o grandísimo o indescriptible William H. Macy, no papel da súa vida (por agora, espero) que conta cun jueco no olimpo dos actores sobrehumanos... O cabrón fai un traballo sorprendente nesta película.
Un conto, unha pesadilla de cine negro nuns paraxes brancos. Unha narración que pon histérico a calquera a medida que avanza, ilustrado pola xenial música de Carter Burwell (Dios! cánta beleza) e unha fotografía que simplemente é perfecta. Nunca unha paisaxe toda branca suxeriu tantas cousas. Os Coen mostran de novo a súa lírico-liserxica idea de USA.
A mellor película dos 90...mmm...pssss... Digamos que a mellor do 96, pese a que "O paciente inglés" se levou o Ozkad ese ano!!! JJAJJAJAJAJ... Ata se levou o de fotografía!!!!!

No hay comentarios: