A Evasión
(Le Trou, Jacques Becker, 1960)
Película póstuma do xenial Jacques Becker ("París, Bajos fondos", 1952), que da acadado a perfección narrativa.
Unha desas peli de trama carcelaria, que tanto molan, pero mirada baixo o prisma deste talento gabacho, que a presenta de forma aparentemente sinxela, pero que en realidade, a leva a cabo como un gran mestre. Non vou destripar a peli, pois odio á xente que o fai, pero as esceas da fuga subterránea son absolutamente brillantes. Ó vela, convertímonos nun máis deses cinco presos que tentan fugarse, sufrindo, sudando, carretando cousas... Sentimos o seu esforzo e as súas ilusións... Sentímonos, como poucas veces no cine, parte da película. Hai que recoñecer que os fodidos actores están magníficos, ENORMES! TODOS!!!
E todo isto iluminado de forma maxistral, demostrando que non hai cousa máis bonita que o branco e negro ben fotografiado.
Pero se algo deixa pasmado nesta indiscutible obra mestra, é o ritmo narrativo. Becker sacrifícao todo en favor de contar unha historia ben contada, sen mariconadas.
Un sublime canto á amizade e a liberdade. Unha verdadeira lección de ética cinematográfica. E aventúrome a dicir que é a mellor película francesa da puta historia.
2 comentarios:
sin ningún tipo de duda, la mejor peli carcelaria francesa de la historia es Un condenado a muerte se ha escapado.
respeto moito a Bresson, un tio que pasa de gorgoritos cinematográficos... pero as súas pelis son para min... mmmm...como o diría?...mmmm... demasiado... francesas?
Publicar un comentario