Alguien voló sobre el nido del cuco
(One Flew Over the Cuckoo's Nest, Milos Forman, 1975)
Baseado nunha xenial novela de Ken Kessey, o gurú do LSD e o rock and roll na USA dos sesenta, esta peli do checo-americano Milos Forman forma parte das grandes películas da historia do cine polo que ten de transgresora, libertaria e setentera. As interpretacións do sempre sobreactuado Jack Nicholson, da aterradora enfermeira Louise Fletcher e dunha galería de secundarios que fan de freaks de frenopático ( co permiso de Danny DeVito, o meu preferido é o indio mudo de 2 metros de altura, que por certo, no libro é o narradore) dan lugar a unha película peculiar, divertida e sorprendente. Un canto á liberdade, un ataque ós poderes (Fight the power!) e, sobre todo, unha denuncia o inhumano sitema psiquiátrico que fai vinte anos non tiña nada que envidiar ás torturas de Torquemada (electroshock, lobotomía, drogas duras experimentais... Vamos, como para quedar feito un dos Ramones...). Un retrato da sociedade. Despois de todo, todos e cada un dos que estamos lendo esto, estamos tolos... Dunha forma ou outra... Pensade niso...
Como dí o personaxe de Nicholson na película: "...Estades máis cuerdos que a maioría dos que están fora..."
5 comentarios:
"non me gusta ver un adulto chapoteando nas súas feces".
Moi boa sí señor.
Ya lo creo!
a mellor do irregular Forman
Cheswick e Martini son a hostia, os meus preferidos sen dúbida.
sí, é xenial, das ke molan fai 20 anos kando eres un rapaz e ajora despois de vela un lote de veces... ke decides, o mellor é Doc de Regreso al futuro :)
home...
con ese careto e esos pelos sempre estará encasillado en papeis de lunático entrañable (Doc, o xuiz de Roger Rabbit, Esta peli ou fétido dos Addams...; por certo, todo peliculóns...)
Pero eu quédome co Indio, coa súa escoba e o seu gran corazón...
Publicar un comentario