Ed Wood

(Tim Burton, 1994)
Qué grande é Burton!!! Un mitómano coma el tiña que ser o encargado de levar ó cine a vida do peor director da historia (discutible título), Edward D. Wood Jr... E ninguén mellor para encarnar a este pedazo de freak como o gran Johnny Depp, un actor como a copa dun pino, e alter ego do propio Burton.
A peli fuxe en todo momento do típico biopic ñoño ó que nos ten acostumado Hollywood, e só conta a época de gloria do cineasta, durante o cal filmou as súas tres principais obras mestras "Glenn or Glenda" (53), "The Bride of the Monster" (55) e "Plan 9 from outher Space" (59), tres perlas que hoxe en día se estudian nas escolas de cine para explicar cómo NON se debe facer unha película.
Unha película que contén cinefília amazo, cariño polos persoaxes... Ambientación perfecta do Hollywood dos 50's, foto en branco e negro moi coherente, unha peli mitificadora e á vez desmitificadora... Con diálogos buenísimos... Unha comedia que chega a tocarnos a fibra sensible en moitos momentos... Con ese maravilloso optimismo desmedido...Vamos... O que é o cine de Burton...
Depp está xenial, pero o resto do elenco non se queda atrás precisamente...Mención para o oscarizado Martin Landau facendo dun Lugosi yonki e patético, pero tamén Bill Murray, Lisa Marie, Jeffrey Jones, a guapísima Patricia Arquette... Todos impresionantes...
Como nota negativa, dicir que ésta é a única peli de Burton, na que prescinde dos servicios de Danny Elfman ("Manostijeras", "Os Simpsons", "Batman"...). Unha pena, ainda que Howard Shore faino guay introducindo instrumentos marcianos como bongos e theremins.
En definitiva: Unha xoia... Unha reflexión sobre a creación, sobre apasionarte co que fas, ainda que sexa unha merda... Como lle comenta Orson Welles (clavadito Vincent D'onofrio) a Wood nun bar (de mellor a peor director da historia...):

"Visions are worth fighting for. Why spend your life making someone else's dreams...?"

1 comentario:

LiliNcH dijo...

Johnny Depp... :P~~~~~~~~

oh my god!! este tio es el puto amo!!!

(hay otros tb ;D)