O Golpe
(The Sting, George Roy Hill, 1973)
Vaya peliculón! Dous estafadores facendo das súas en plena depresión americana (excelente ambientación) a ritmo do fantástico ragtime de Scott Joplin... Un divertidísimo viaxe cara unha época e un lugar no que os timos estaban á orde do día e que había que facer números para sobrevivir...
Roy Hill dirixe esta maravilla con impecable estilo, que, pasados os anos (porque os anos pasan...), ainda conserva un encanto máxico e especial... E é que estamos a falar de dous protagonistas cunha química que te cagas... Paul Newman e Robert Redford, nada menos, dous guapitos de cara, que ademáis teñen o don da interpretación e de cómo encher un plano con elegancia... Dous tipos que pasarán á historia, entre outras cousas, por encarnar a Henry Gondorff e Johnny Hooker, respectivamente.
Estos dous pájaros urden un plan para foderlle os cartos ó típico mafioso hijoputa (Robert Shaw, eres dios...!), pero as cousas complícanse... Partiditas de cartas... E vólvense complicar... Un polvete... E todo parece fodido... e... AHHH... Qué final, mamaiña...!!!! O mellor dese sorprendente final (David S. Ward mereceo todo por escribir semellante guión) é que, ainda que voltes a ver a película, segues a sorprenderte!!!
Mención especial para os inumerables secundarios, e as súas historias paralelas á principal... Todos fantásticos...
Ben... Imos repasar... Guión perfecto, música perfecta, ambientación perfecta, interpretación perfecta, dirección perfecta... Dios... A PELICULA PERFECTA??? Non, amigos... Non existe a perfección (se acaso, só en Gene Tierney...), pero esta peli achégase perigosamente a esta cualidade... Se non a vistes, non sigades vivindo un minuto máis sen solucionar este problema... Poño a man no lume de que vos vai gustar...
3 comentarios:
Ekibokaste...sí e perfecta...a verdade e que é a mellor da historia... nunca un par de fenomenos como newman e redford se conxeniaron tan ben...(xunto con "Dous homes e un destino")...sen dubida é a peli ke mais me gusta... é imposbible de aburrir...non cansa..., a mellor escea, kando día Coleman na partida do tren: "póquer de nueves...", e newman: "CUATRO JOTAS...". Non kreo ke poñas ningunha peli mellor nas 100, ainda ke puxeras 5000!
a modo, carallo...
mola newman facendo de borracho poñendose ginebra gordons de colonia.
Vaia partidaza!
Gordons... a millor xinebra... todo o mundo pensa ke é imitación de Larios...por dios!!!
Publicar un comentario