Medo e Noxo nas Vegas

(Fear and Loathing in Las Vegas, Terry Gilliam, 1998)
Gilliam mete con esta película unha verdadeira hostia na cara do espectador. A inconexa sinópse da película fala das visións e percepcións de dous verdadeiros drogatas que proban toda a droga que se lles poña por diante na cidade de Las Vegas (unha cidade xa de por sí surrealista) da época da guerra de Vietnam. Baseado na obra honónima do gran periodista gonzo Hunter Stockton Thompson, un xenial Johnny Depp (qué gran actor!) interpreta a este mito literario a modo de D. Quijote (tema típico de Gilliam), acompañado por un Sancho que Benicio Del Toro (qué gran actor!) sinxelamente borda. A crónica dunha carreira que ten que cubrir como periodista serve de excusa para mostrar o desquiciado viaxe deste par de individuos á capital mundial do LSD, onde non se cortan de probar de todo, escoitar unha música cojonuda e participar nas máis absurdas e desternillantes situacións. Un descenso ós infernos inquietante, agresivo e surreal, pero fodidamente divertido e transgresor.
Subxetividade absoluta, e cunha ilóxica desconcertante e por momentos angustiosa, búscase a repulsión no espectador máis blandengue, que pese a contar cun reparto impecable, e con cameos de numerosas estrellitas de turno, é para este alucinao espectador, unha auténtica burrada que non deixa impasible.
Non se podía esperar menos dun valente como Gilliam, que nunca se deixou domar e sempre experimentou coa linguaxe cinematográfica (algunhas veces con mellores resultados que outras)... Só hai que ver o que fixo desde os Monty Python ata a súa última loucura : "Tideland" (2006) unha buenísima película que tamén reflexiona sobre as drogas, o soño e a realidade, a percepción, a relatividade do tempo e todos esos temas que obsesionan ó bueno de Terry.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

se ponen hasta las trankas!

* dijo...

y con razón!

Anónimo dijo...

mola a mazo kando van de eter

* dijo...

je, je

Anónimo dijo...

e o 20 de xullo:
Medo e Noxo en SantaCrus XD

Unknown dijo...

Esta pelikula markou un antes e un despois na miña vida...sinxelamente é xenial, ainda ke pode ser odiada por moita xente a ken non lle mole a psikodelia visual... o mellor a escea onde soa white rabbit...!

* dijo...

buenísima escena
e buenísima canción

Anónimo dijo...

20 xullo?

Anónimo dijo...

ONDE OSTIA VAN OS MEUS ZAPATOS DE GOLF!!!!!!!!.





Na o mellor e cado o outro prova o adrenocromo puro , e lle di o benicio del toro : Tio el LSD comparado con eso es una cerveza sin alcol... xD