O Anxo Exterminador
(Luis Buñuel, 1961)
De entre todas as etapas de Buñuel, a miña preferida é a mexicana, cando realiza todas esas obras mestras ("Os Olvidados"(50), "Nazarín"(59), "Simón do Deserto" (1965)...), e sobre todo despois de arrasar en Cannes con "Viridiana" (61) e rodar un par de pelis en USA ("Robinson Crusoe" (1954)...), cando os productores lle dan a liberdade para facer o que lle salga dos mesmísimos güevos (ainda que con certos límites económicos)...
E é que nun país tan surrealista como México respirábanse todas as cousas que obsesionaban a Buñuel (Relixión, morte, sexo, liberdade, represión, política...) e alí botouse fora canto quixo, proporcionando de paso unhas cuantas obras mestras entre as que se conta esta puta maravilla, que ven a ser algo así como a versión burguesa e surrealista do Gran Hermano na que se retrata ó ser humano posto ó límite (en realidade ao ser humano burgués posto ó límite, igual de salvaxe que calquera...)
Aquí vemos a un Buñuel con máis mala hostia que nunca, coas súas típicas saidas se tono, que non escatima en surrealismo, poesía, crueldade e sentido do humor para facer un dos films máis cojonudos da súa filmografía, que nalgúns momentos chega a poñer os pelos de punta. Despois de todo, ven sendo a versión cinematográfica surrealista/burguesa da Balsa da Medusa de Gericault.
Buscáronse sesudas explicacións alegóricas de todos os tipos (marxista, relixiosa, droga...) pero, como en toda boa obra de arte, quen lle da sentido, quen pon a última palabra, é o espectador.
1 comentario:
nice blog:) also visit my blog
http://allblogspots.blogspot.com
Publicar un comentario