O septimo selo
(Det Sjunde insegle, Ingmar Bergman, 1957)
Bergman... Entre o coñazo e o soberbio... Entre o aburrido e o inmenso... Un tio moi intelectual que as veces nos tocou as pelotas coa súa gravedade en moitas películas... Pero non é o caso desta obra mestra, chea de humor, mala hostia e entretemento, pero o mesmo tempo cargada cos máis complexos problemas filosóficos do home... Eran tempos de existencialismo... Un cabaleiro (un Max Von Sydow que parece Billy Idol) chega a casa tralas cruzadas, e todo está escarallao pola peste... Aventuras, bós diálogos, unha partida de xadrez conta a morte para gañar tempo... Simbolismo e Poesía nunha idade media historicamente moi irreal, feita así para que os habitantes do occidente do S.XXI nos reflexemos sen problemas... E todo isto filmado cun branco e negro fodidamente bonito e eficaz. Se non a viches, faite un favor e soluciona eso canto antes.
3 comentarios:
anthonius block mola
ya te digo!
pero eu prefiro o escudero hijoputa.
Que descanse en paz este mestre...
30-7-2007
Publicar un comentario