Dead Man

(Jim Jarmusch, 1995)

Jarmusch é un puto xenio. Demostrouno toda a súa carreira coas súas peculiarísimas visións sobre a sociedade, e en especial, sobre esos individuos que non encaixan nela. Pelis como "Stranger Than Paradise" (1984), "Down by Law" (1986) "Mistery Train" (1989) ou "Night on Earth" (1991) son incribles, xeniais. Toda unha colección de pequenas obras mestras underground e de baixo presuposto, que contan con bandas sonoras absolutamente maxistrais (Tom Waits, Neil Young, RZA) e con actores/colegas que se pasan polo rodaxe para interpretar papeis inmortais (Tom Waits, Iggy Pop, Joe Strummer...).
Pero para min, esta película é unha culminación da súa arte. Unha nova etapa na súa atípica carreira. Un Western absolutamente salvaxe, surrealista e fermoso que conta cos mellores profesionais da actuación da historia (o gran Johnny Depp, o porrero de Robert Mitchum, Iggy Pop interpretando a unha moza, Gary Farmer facendo do indio chamado Ninguén, Billy Bob Thornton, John Hurt, Gabriel Byrne, Alfred Molina... ) Todos eles, como vos podedes imaxinar, están xeniais.
A peli fala do viaxe do contable William Blake (Depp) polo salvaxe oeste ata o cú do mundo, onde conseguiu un posto de traballo nunha metalúrxica. Pero o traballo está pillado, e ademáis mata por accidente ó fillo do xefe (Mitchum, CUÁN GRANDE ERES) polo que este ponlle precio a súa cabeza.
O asesinos máis estrafalarios (xeniais, sobre todo o caníbal) tentarán darlle caza, e el só pode fuxir, coa axuda do indio "nobody", fan do poeta e pintor do S.XVIII, William Blake... Un viaxe cara o inevitable, cara os infernos.
Todo esto bañado cos repetitivos acordes de Neil Young á guitarra eléctrica, cunha foto en branco e negro de puta madre e con continuas referencias a ese encantador e visionario chiflado que foi William Blake... Peliculón dos que divirten, fan pensar e purifican o teu espírito... Mira un exemplo.
Jarmusch nunca deixará de sorprender co seu cine. Pouco despois faría a rapeira "Ghost Dog" (1999), onde se volve a contar a historia dun perdedor acorralado, esta vez a ritmo de Hip-hop.

3 comentarios:

Unknown dijo...

jajajaja, non pensei que foras meter esta pilíkula akí jajaja... pero é ke mola a mazo!! jajaja... é rara... pero depp faina mais estrana aínda jajaja...kédome ko signifikado xeral da peli...ke kada un o pode pillar komo keira... e mmmmm... mólma kando lle pisan a kabeza o outro e lle sae líkido jajajaja... weno... e iggy xenial!

* dijo...

a escena que comentas tamén é unha das miñas preferidas. A relación entre os tres cazarrecompensas é a hostia de pavera.
Tamén Iggy está xenial. Fijo que non está interpretando facendo o seu papel.

Anónimo dijo...

brrr!
que buena